MEDIDAS DE PREVENCIÓNS
Un caso de ciberbullying é unha situación moi grave na que hai que, en primeiro lugar, saber o que sucedeu. No caso de que a agresión sucedera no centro escolar, deberíase actuar tanto ca vítima como co agresor. Se se trata dun menor, o que recomendan algúns psicólogos é sentarse con el e escoitalo e darlle apoio. O uso de preguntas abertas facilita o coñecemento dos feitos.
Hai un procedemento antes de tomar medidas ante unha denuncia de ciberbullying. Esta divídese en tres fases:
Fase de investigación.
Fase intermedia.
Fase do xuízo.
Resulta que o ciberbullying representa xa un de cada catro casos de acoso escolar. Esta proporción aumenta coa idade, de forma que a partir dos 13 anos, o 36,5% dos casos de bullying son por ciberacoso. Así o ensina o estudo realizado pola Fundación ANAR e a Fundación Mutua Madrileña.

Comentarios
Publicar un comentario